Este sitio web usa cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y recoger información sobre su navegación. Si pulsa "aceptar" o continua navegando consideraremos que admite el uso e instalación en su equipo o dispositivo. Encontrará más información en nuestra
política de cookies.

Presentación do proxecto "Mellora da calidade educativa no Barrio Santa Lucía, Cienfuegos"

Fecha 29/11/2017

Esta iniciativa busca contribuír ao logro do dereito a unha educación inclusiva e de calidade para os nenos e nenas, novas e persoas adultas nos centros educativos do Barrio Santa Lucía e a súa contorna. Entre os obxectivos que se pretenden conseguir está o mellorar a motivación de docentes, mestres e mestras para unha práctica educativa de calidade, inclusiva e innovadora; incorporar modelos de xestión participativa das familias, promovendo unha reflexión crítica para fortalecer o seu compromiso cunha educación de calidade no barrio; e mellorar a flexibilidade do sistema educativo do barrio Santa Lucía en función das necesidades formativas de nenas e nenos, novos e poboación adulta mediante un enfoque integral de xénero.

Para poder impulsar o desenvolvemento humano sustentable no barrio, creáronse sinerxias coas políticas e directrices educativas dominicanas, en concreto, co Pacto Nacional por unha Educación de Calidade (2014-2030) e coa Iniciativa Dominicana por unha Educación de Calidade. Tércida Franco, directora rexional de Educación, mostrou a súa compracencia co inicio do proxecto e manifestou que a iniciativa conta co respaldo do órgano reitor da educación pública na República Dominicana.

Para a execución do proxecto cóntase co apoio económico da Xunta de Galicia, quen achega o 90,30% do proxecto. Esta iniciativa é unha continuidade do Programa de Melloramento Integral desenvolvido nesa comunidade, tamén apoiado pola Xunta de Galicia, e que, como expresa Rosa Silverio, coordinadora do Consello de Desenvolvemento do Barrio Santa Lucía, "contribuíu significativamente a mellorar a calidade de vida da poboación en tanto se dotou á comunidade de auga potable, centro de saúde, sistema de rede de sumidoiros para augas residuais, así como dun centro comunal, entre outras obras".

No acto de presentación do proxecto participaron os representantes da Fundación Balms para la Infancia, o director da Fundación Solidaridad, a directora do CIDEL, a directora rexional de Educación, a coordinadora do Programa de Formación e Emprego (PROL- FyE), así como a representante da Xunta de Galicia, quen destacou o compromiso das organizacións implementadoras do proxecto e da cooperación para realizar os esforzos que sexan necesarios co fin de alcanzar os resultados previstos. Ao acto acudiron tamén líderes e lideresas das organizacións comunitarias, habitantes do barrio, mestres/ as e persoal de xestión dos centros educativos.

Puedes seguir toda la información y actividades que realizamos, en la página web del proyecto EduSantaLucía